lunes, 14 de abril de 2014

Un roble de 300 años talado en el Camino de Santiago por una poda salvaje de Gas Natural Unión Fenosa

O que queda do Carballo de Ponte da Chanca tras ser talado /crtvg
O famaso carballo de Ponte da Chanca, un dos principais referentes naturais da ruta xacobea, secou tras unha poda "excesiva" por parte dunha subcontrata que facía o mantemento dunha liña eléctrica. A Policía Autonómica investiga o sucedido.

O Camiño de Santiago acaba de perder un dos seus principais referentes naturais. O coñecido Carballo de Ponte da Chanca, preto de Lugo, foi talado esta semana.

A familia propietaria dos terreos alega que non tivo outra saída. De acordo a súa versión, unha "poda salvaxe" por parte dos operarios que limpan as liñas eléctricas ten a culpa de que secas.

Os operarios, subcontratados por Gas Natural Unión Fenosa segundo os propietarios, fixeron a poda sen avisar e en pleno agosto, "no peor momento", polo que a árbore non foi quen de recuperarse e, finalmente, morreu.

A árbore tiña especial importancia porque medrou durante séculos no cruce dos camiños do Norte e Primitivo. A CRTVG asegura que a Policía Autonómica está a investigar o sucedido, pois a árbore estaba catalogada por Patrimonio.

A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde é unha das voces que reclama explicacións. O seu voceiro, Xosé Yañez, lembra que era un dos doce carballos que representan os doce séculos de historia do Camiño Primitivo. E este ten especial importancia porque está onde se xuntan o Camiño Primitivo co que vén da costa".

Yañez argumenta que as contratas que manteñen as liñas eléctricas acostuman a cometer este tipo de abusos ante a falta de información por parte dos donos das fincas sobre as talas e podas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 13/04/2014
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18546.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario